COLABORA
DIRIXIDO A PERSOAS FÍSICAS NON SOCIAS DE ADIANTE
Indicacións para realizar ingreso de cota extraordinaria/donativos:
1ª) Débese ter en conta, que dos primeiros 250€, poden desgravarse o 80% na declaración da renda se non se aporta a outra entidade con dereito a dedución. A partir destes 250€, desgravaríase un 40%. Exemplos:
CANTIDADE INGRESADA | CANTIDADE DESGRAVADA |
|---|---|
50 € | 40 € |
100 € | 80 € |
200 € | 160 € |
250 € | 200 € |
300 € (250 € + 50 €) | 200 € (80%) + 20 € (40%) = 220 € |
500 € (250 €+ 250 €) | 200 € (80%) + 100 € (40%) = 300 € |
2ª) Para efectuar o ingreso, débese acudir a unha oficina bancaria de Banco de Santander indicando obrigatoriamente os seguintes datos:
CONTA BANCARIA | ES68 0049 7710 6221 1003 7191 (BANCO SANTANDER) |
TITULAR | Asociación de persoas adictas e familiares ADIANTE |
CONCEPTO | Donativo Asociación ADIANTE
Apelidos e nome DNI Código postal |
3º) Aquelas persoas que prefiran realizar unha transferencia bancaria on-line (a través de web de Banco de Santander, teléfono móbil, etc.), deben seguir as mesmas indicacións do apartado anterior, incluíndo no concepto de transferencia os datos obrigatorios para desgravar na declaración da renda.
4º) Tódalas persoas que efectúen un ingreso, deben entregarnos ou enviarnos (preferiblemente por correo electrónico (administracion@adianteaspontes.org) o xustificante de ingreso na conta bancaria de ADIANTE.
5ª) ADIANTE enviará os datos aportados nos xustificantes bancarios á AEAT (Axencia Tributaria) ó final do exercicio para que as cantidades ingresadas en concepto de donativo aparezan reflexadas no borrador da declaración que se presenta no exercicio posterior.
