MISIÓN, VISIÓN E VALORES

MISIÓN
ADIANTE é unha asociación que pretende acompañar, axudar e facilitar o proceso de mantemento da abstinencia en persoas adictas e apoio psico-social ós seus familiares.
VISIÓN
ADIANTE pretende ser unha entidade de referencia a nivel autonómico con estándares de calidade na atención personalizada a usuarios e usuarias.
VALORES
Honestidade
Entendida como a actuación transparente, veraz e comprometida no plano de intervención psico-social e no plano de xestión da entidade.
Empatía
“Entender” ó usuario ou usuaria e ofrecer unha atención en función das súas necesidades vitais.
Ética profesional
Entendida como a virtude de total cumprimento cos códigos profesionais deontolóxicos, especialmente a CONFIDENCIALIDADE.
Xenerosidade
Entendida como axudar sen pretender recibir nada a cambio
Voluntariedade
Entendida como a decisión autónoma, libre e informada.