OBXECTIVOS
OBXECTIVOS MICRO
- Aumentar as capacidades e habilidades persoais de resistencia á substancia aditiva e ós determinantes dos comportamentos/condutas problemáticos relacionados coas mesmas.
- Retrasar a idade de inicio do contacto co alcol e tabaco (porta de acceso a outras substancias)
- Redución de danos por consumo de substancias aditivas.
- Mellora da calidade de vida do/da paciente adicto/a, o mantemento da abstinencia e a súa rehabilitación.
- Aceptación e entendemento da enfermidade por parte das persoas usuarias, tanto persoas enfermas como familiares.
- Tratar a problemática familiar e proporcionar tanto á persoa usuaria como á familia unha información clara sobre as consecuencias da enfermidade e a recuperación dos roles familiares.
- Dar a persoa usuaria un apoio social por parte do grupo co fin de iniciar e consolidar a súa rehabilitación.
- Potenciación da autoeficacia da persoa usuaria, axudándolle a recoñecer as situacións de risco e a utilización de actitudes/condutas alternativas para evitar novos consumos.
- Promover mediante actividades complementarias o desenvolvemento do crecemento persoal, a educación emocional e o benestar mental.
- Aplicar de xeito transversal en tódolos procesos de atención psicolóxica, pedagóxicos, socio-educativos, de xestión, etc., unha cultura de igualdade de xénero.
- Educar na importancia da ocupación do tempo libre e de lecer.
OBXECTIVOS MACRO
- Promover unha conciencia social sobre a importancia dos problemas, os danos e os custes persoais e sociais relacionados coa enfermidade adicta, sobre a posibilidade real de evitalos e sobre a importancia de que a sociedade no seu conxunto sexa parte activa na súa solución.
- Facilita-la incorporación á sociedade das persoas en proceso de rehabilitación, a través de programas de formación integral e de preparación e inserción laboral.
- Garantir unha asistencia de calidade e adaptada ás necesidades individuais, a todas aquelas persoas directa ou indirectamente afectadas polo consumo abusivo de substancias aditivas.
- Desenrolar estudios de investigación co fin de aportar datos sobre os que asentar intervencións potenciais acerca do consumo, así como da prevención e o tratamento.
- Potenciar a avaliación sistemática de programas e actuacións, como instrumento que permita validar as actividades realizadas.
- Optimizar a coordinación e cooperación, tanto a nivel local con entidades do concello de As Pontes, como de entidades autonómicas e estatais, cuxo ámbito de intervención aborden a enfermidade alcólica.
- Fomentar unha cultura de igualdade.
- Reducir ou limitar os danos ocasionados á saúde das persoas que consumen substancias aditivas de forma abusiva e, en xeral, os efectos sociais e sanitarios indesexables relacionados con su uso.